BEN ETNOGRÁFICO: HÓRREO DE CARNOTA
O hórreo de Carnota, situado na provincia da Coruña, é un dos máis longos de Galicia (case 35 metros). Foi creado no século XVIII e representa unha das formas tradicionais de almacentamento de gran en Galicia. Está construido en pedra e elevado sobre piares para protexer os alimentos da humidade e dos animais.
OBXECTIVOS:
Valorar o patrimonio cultural local e o seu uso tradicional no mundo rural galego.
Desenvolver a observación, a imaxinación e a capacidade de representación gráfica.
Promover a colaboración e o traballo en equipo.
Fomentar a expresión oral e plástica.
XUSTIFICACIÓN:
CA4.6. Identificar elementos propios do patrimonio cultural de Galicia e algúns dos seus personaxes máis relevantes.
ACTIVIDADES:
Conto colectivo: O rato do hórreo
Comenzaremos na asamblea contando un conto sinxelo sobre un rato que vive nun hórreo. Preguntarémoslles aos nenos e nenas que cren que garda alí, quen pode vivir arredor ou que cousas poden pasar. Recolleremos as súas ideas para inventar un final entre todos/as.
Decoramos o noso hórreo
Nun taller previo, partindo dun debuxo grande dun hórreo, os nenos/as completarán a imaxe usando diferentes materiais: algodón para o millo, papel arrugado para as pedras e teas para as roupas dos personaxes.
Construímos un hórreo
En pequenos grupos, construiremos unha maqueta dun hórreo utilizando caixas, tubos de cartón, paus de madeira e outros materiais de refugallo. Cada grupo encarfarase dunha parte (tellado, columnas, escaleira…).
Saída ao Hórreo de Carnota
Organizaremos unha saída ao hórreo. Durante a visita, observarán, elaborarán debuxos “in situ” de aquilo que máis lles interese e realizarán unha ficha de explorador/a (coas partes do hórreo, o que viron e lles chamou a atención).
Búsqueda do tesouro
Na contorna do hórreo, farán unha pequena “búsqueda do tesouro”, na que, seguindo pistas sinxelas, atoparán un “tesouro” de millo ou landras.
Mapa da saída
Despois da saída, entre todos e todas debuxaremos un mapa sinxelo co camiño que fixemos ata o hórreo. Marcaremos o punto de saída, o percorrido, o hórreo de Carnota e outros elementos que chamaron a atención durante a visita. Esta actividade axuda aos nenos/as a situarse no espazo e recordar o vivido dun xeito visual e significativo.
Asemblea final
De volta á aula, faremos unha asemblea para que cada neno/a conte o que máis lle gustou da saída. Faremos debuxos libres sobre o que lembran e exporemos os traballos nun recuncho da aula dedicado ao hórreo.
.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario