BEN ARQUEOLÓXICO: O CASTRO DE BAROÑA
O Castro de Baroña é un dos castros máis coñecidos de Galicia, situado no concello de Porto do Son. Está protexido por dúas murallas e consérvanse preto de vinte vivendas de forma circular e ovalada. A entrada conta cunha rampa e unha zona habitacional dividida en catro áreas.
Este castro é representativo da cultura castrexa galega, tanto pola súa organización urbanística como pola súa localización estratéxica na costa. É un exemplo clave para coñecer o modo de vida castrexo e está moi ben conservado, sendo ademais un importante reclamo turístico e patrimonial.
OBXECTIVOS:
Fomentar o coñecemento do patrimonio histórico.
Investigar sobre o modo de vida e os diferentes oficios da época castrexa.
Promover o traballo en equipo e a creatividade.
Potenciar o respecto polo patrimonio cultural e o medio.
XUSTIFICACIÓN:
CA4.6. Identificar propios do patrimonio cultural de Galicia e algúnd dos seus personaxes máis relevantes.
ACTIVIDADES:
Descubrimos os castros
Comezaremos facendo unha asamblea onde lle contaremos ao alumnado que imos facer unha excursión a un lugar moi antigo, o Castro de Baroña, onde vivía xente hai moitos anos. A través dun conto, fotos e vídeos, coñecerán como eran os castros e como se vivía naquela época. Durante a conversa, os nenos/as farán preguntas e expresarán o que lles gustaría ver ou saber.
Convertemonos en castrexos!
Agora que xa coñecen un pouco máis sobre os castros, cada neno/as escollerá un nome castrexo e inventará un personaxe que vivise naquela época (oleiro/a, guerreiro/a, tecedeira…). Por equipos, formarán pequenas “tribos”.
A continuación, crearán complementos sinxelos para caracterizarse: colares, coroas de papel, capas ou brazaletes. Levarán todo isto posto o día da vivita para vivir a experiencia como verdadeiros habitantes dun castro.
Visitamos o castro
Faremos a saída ao Castro de Baroña e os nenos/as terán que vestir os seus complementos para “viaxar no tempo”. Durante o percorrido, observarán a contorna e as características da mesma.
Exploramos o castro
Esta actividade realizarase cos equipos feitos anteriormente (“tribos”). Cada un recibirá un mapa sinxelo do xacemento e unha lista de elementos que deberán localizar (como a muralla, a rampa de entrada ou as vivendas circulares). Cada vez que identifiquen un destes elementos, marcarán a súa localización no mapa e reflexionarán sobre a súa posible función.
A nosa experiencia no castro
De volta á aula, falaremos sobre todo o que vimos durante a visita e poñeremos en común as diferentes reflexións dos grupos sobre as funcións de cada elemento. Despois, cada neno/a fará un debuxo libre do que máis lle gustou para, posteriormente, crear un mural colectivo titulado.
Contamos a nosa historia
Para finalizar a actividade, cada “tribo” contará a súa propia historia de como vivían no castro. Usando os personaxes que inventaron e os complementos que crearon previamente, dramatizarán unha escena na que representarán a súa vida diaria, como un día na aldea, un mercado ou unha batalla.
.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario