Entradas

BEN INMATERIAL: FEIRA CELTA DE PORTO DO SON

Imagen
   A Feira Celta de Porto do Son é un evento cultural anual que ten como obxectivo principal recrear e divulgar a cultura castrexa galega, especialmente en relación ao Castro de Baroña. Nesta feira, lévanse a cabo diferentes representacións históricas, demostracións de artesanía, actuacións musicais e actividades lúdicas relacionadas co modo de vida dos habitantes dos castros. OBXECTIVOS: Promover o coñecemento e valoración do patrimonio histórico e cultural local. Facilitar o achegamento vivencial á época castrexa. Potenciar o sentimento de identidade e continuidade cultural galega. Fomentar a participación activa e creativa do alumnado XUSTIFICACIÓN: CA4.6. Identificar elementos propios do patrimonio cultural de Galicia e algúns dos seus personaxes máis relevantes. A lenda dos tesouros agochados no Castro de Baroña: No corazón do Castro de Baroña, enriba das rochas batidas polo mar bravo, gardábase un segredo. Dise que os antigos habitantes, antes de abandonar o asentamento ...

BEN ETNOGRÁFICO: HÓRREO DE CARNOTA

Imagen
  O hórreo de Carnota, situado na provincia da Coruña, é un dos máis longos de Galicia (case 35 metros). Foi creado no século XVIII e representa unha das formas tradicionais de almacentamento de gran en Galicia. Está construido en pedra e elevado sobre piares para protexer os alimentos da humidade e dos animais. OBXECTIVOS: Valorar o patrimonio cultural local e o seu uso tradicional no mundo rural galego. Desenvolver a observación, a imaxinación e a capacidade de representación gráfica. Promover a colaboración e o traballo en equipo. Fomentar a expresión oral e plástica. XUSTIFICACIÓN: CA4.6. Identificar elementos propios do patrimonio cultural de Galicia e algúns dos seus personaxes máis relevantes. ACTIVIDADES: Conto colectivo: O rato do hórreo Comenzaremos na asamblea contando un conto sinxelo sobre un rato que vive nun hórreo. Preguntarémoslles aos nenos e nenas que cren que garda alí, quen pode vivir arredor ou que cousas poden pasar. Recolleremos as súas ideas para inventar u...

BEN ARQUEOLÓXICO: O CASTRO DE BAROÑA

Imagen
O Castro de Baroña é un dos castros máis coñecidos de Galicia, situado no concello de Porto do Son. Está protexido por dúas murallas e consérvanse preto de vinte vivendas de forma circular e ovalada. A entrada conta cunha rampa e unha zona habitacional dividida en catro áreas. Este castro é representativo da cultura castrexa galega, tanto pola súa organización urbanística como pola súa localización estratéxica na costa. É un exemplo clave para coñecer o modo de vida castrexo e está moi ben conservado, sendo ademais un importante reclamo turístico e patrimonial. OBXECTIVOS: Fomentar o coñecemento do patrimonio histórico. Investigar sobre o modo de vida e os diferentes oficios da época castrexa. Promover o traballo en equipo e a creatividade. Potenciar o respecto polo patrimonio cultural e o medio. XUSTIFICACIÓN: CA4.6. Identificar propios do patrimonio cultural de Galicia e algúnd dos seus personaxes máis relevantes. ACTIVIDADES: Descubrimos os castros Comezaremos facendo unha asamblea ...

PRESENTACIÓN DO GRUPO

Imagen
Nós somos Paula Rosende, Nerea Piñeiro, e Sandra Rodríguez, membros deste grupo. Actualmente, estamos a cursar o ciclo de Educación Infantil e atopámonos en 3º de Educación Infantil. Neste blog, imos crear unha páxina dedicada ás tradicións e aos lugares máis emblemáticos de Galicia. Queremos dar a coñecer a riqueza cultural da nosa terra, explorando as súas festas, gastronomía, costumes e espazos naturais e históricos que fan de Galicia un lugar único. A través deste proxecto, pretendemos achegar a nosa cultura a máis persoas, tanto galegos como aqueles que desexen descubrir a nosa comunidade. Falaremos de celebracións como o Entroido, o San Xoán ou o Magosto, de pratos típicos como o polbo á feira ou a empanada, e tamén de espazos marabillosos como a Praia das Catedrais, a Ribeira Sacra ou a Torre de Hércules. Agardamos que esta páxina sexa un punto de encontro para quen queira coñecer e valorar a nosa terra, mantendo vivas as súas tradicións e recoñecendo a súa beleza. 💖🎨💣 ...