Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

BEN INMATERIAL: FEIRA CELTA DE PORTO DO SON

Imagen
   A Feira Celta de Porto do Son é un evento cultural anual que ten como obxectivo principal recrear e divulgar a cultura castrexa galega, especialmente en relación ao Castro de Baroña. Nesta feira, lévanse a cabo diferentes representacións históricas, demostracións de artesanía, actuacións musicais e actividades lúdicas relacionadas co modo de vida dos habitantes dos castros. OBXECTIVOS: Promover o coñecemento e valoración do patrimonio histórico e cultural local. Facilitar o achegamento vivencial á época castrexa. Potenciar o sentimento de identidade e continuidade cultural galega. Fomentar a participación activa e creativa do alumnado XUSTIFICACIÓN: CA4.6. Identificar elementos propios do patrimonio cultural de Galicia e algúns dos seus personaxes máis relevantes. A lenda dos tesouros agochados no Castro de Baroña: No corazón do Castro de Baroña, enriba das rochas batidas polo mar bravo, gardábase un segredo. Dise que os antigos habitantes, antes de abandonar o asentamento ...